viernes, 27 de enero de 2017 0 comentarios

Mellora a túa condución con Pedaladas

Isto é 1.5m

  Mellora a túa condución con Pedaladas. 6ª Acción do mes Cero Violencia Viaria, Obxectivo cero Mortos.

O día 31 péchase o mes Cero Violencia Viaria de Pedaladas cunha acción por todo o alto. As accións tentaron poñer sobre a mesa que a lacra dos falecidos nas estradas é algo que se pode remediar se todos poñemos da nosa parte. A responsabilidade dos sinistros é social e a solución debe ser social. Pedaladas sempre repite que unha parte minoritaria dos condutores teñen un problema coas normas que garanten a seguridade de todos, e son, ese grupo de condutores os que están a causar falecidos. Estes condutores apelan a unha suposta liberdade persoal, para escoller as normas que cumpren e cales incumpren, poñendo  en perigo coas súas decisións a todos os usuarios da vía.
Para ter claro o que queremos expresar, só hai que votar un ollo o que se di da 5ª  acción de Pedaladas, "A denuncia Voluntaria",  nas  redes sociais e medios de comunicación:  Insultos, ameazas, peticións de matrícula, seguro obrigatorio, pago de impostos... polo feito de solicitar que se cumpran as normas que salvan vidas.
Temos tres problemas diferentes, o incumprimento da normativa aproveitando a carencia de medios da DXT, o profundo descoñecemento das normas a pesar de ter licencia de conducir e a falta de empatía co máis débil.
video
No vídeo temos unha boa mostra do que nos pasa na estrada, descoñecemento da normativa, odio ao quen non usa o mesmo vehículo, e ignorancia sobre o que é a mobilidade sustentable.

Evento: Mellora a túa condución con Pedaladas.  O que tés que saber para ter unha licencia de conducir.

Pode soar un pouco presuntuoso que unha asociación de ciclistas esté a impartir coñecementos de normativa de tráfico, pero é que nos atopamos con carencias formativas en normas moi básicas. Unha gran parte dos condutores non sabe o que é un "arcén transitable" e o que non o é, moitos aínda non saben que é legal rebasar unha liña continua para adiantar a un ciclista ou grupo deles,  e que os grupos de ciclistas compórtanse como unha unidade tráfico. Estes coñecementos se lles supón a todos os condutores, xa que  tiveron que aprobar un exame, pero a realidade é diferente.  Non estaría mal que cando renovamos a nosa licencia, a parte do exame psicotécnico, tivéramos unha reciclaxe de coñecementos. Mentres a DXT non toma esa decisión, Pedaladas porá o seu granito de area en mellorar os coñecementos dos condutores con este evento.


O Evento:

    Rúa do Evento.
O evento será o día 31 de Xaneiro de 11:30 a 12:30 (se a climatoloxía non é mala) na rúa que atravesa os antigos terreos de Tafisa. O lugar foi escollido polo pouco tráfico que presenta e pola facilidade de pechalo durante unha hora sen afectar a normal circulación da cidade.

Chamamento á Prensa:
O evento vai ser aberto á prensa para darlle a máxima difusión posible dos coñecementos que todos os condutores deberían ter.

Os colaboradores:
Autocares Rías Baixas
vai facilitar un autobús para permitir a gravación de adiantamentos a ciclistas e ten pensado darnos unha sorpresa. A Policía Local de Pontevedra vai facilitar o peche desta rúa durante unha hora  e temos case conseguido que o Intendente da Policía Local explique a normativa nos adiantamentos. Teremos con nós ao presidente da Federación Galega de Ciclismo que facilitará chalecos coa lenda do 1.5m. Pedaladas encargase da loxística e coordinación para a toma das imaxes para prensa e do "story board" da gravación e toma de imaxes.

Moitos traballando xuntos pola mellora da seguranza viaria.


Os coñecementos mínimos que queremos transmitir:

  1.  Ao adiantar a un ciclista ou grupo é obrigatorio deixar unha distancia lateral mínima de 1.5 metros. Débese usar o carril contrario ou contiguo para adiantar con seguridade.
  2. É legal rebasar unha liña continua para adiantar a un ciclista.
  3. Os ciclistas poden circular en paralelo.
  4. Os grupos de ciclistas son unha unidade de tráfico, igual que un autobús. Cando o primeiro entra nunha intersección teñen a prioridade ata que pasa o ultimo ciclista.

miércoles, 25 de enero de 2017 0 comentarios

68 Masa Crítica

Como xa ven sendo habitual, este Xoves 26 (último do mes), @s usuri@s de bicicleta de Pontevedra que poidamos xuntarémonos ás 20:00 na Peregrina para dar unha volta polas rúas da nosa cidade.

Seguro que o pasaremos ben pedaleando en grupo mentres demostramos que outra movilidade máis racional, saudable e ecolóxica é posibel.

Anima os teus amigos a participar na festa mensual da bicicleta!!.

Un saúdo a tod@s!!!

martes, 10 de enero de 2017 0 comentarios

As propostas de Pedaladas para os veciños de Mollabao.

As propostas de Pedaladas para os veciños de Mollabao.


Antecedentes a asemblea Veciñal.


Fai catro anos  que Pedaladas leva solicitando pasos sobreelevados na rúa Rosalía de Castro, por ser un tramo urbano da PO-546 cun centro de Saúde, un colexio, unha zoa de deportes, un parque e moito tráfico ciclista. Para Pedaladas é unha zoa de especial protección que non conta coas debidas medidas de seguridade viaria. Hai que recordar que baixo a ponte da autopista rexístranse velocidades de ata 76km/h a pesar de ser zoa 30. Os últimos veciños contáronnos que houbo dous atropelos graves, no paso de peóns baixo a ponte da autopista en Rosalía de Castro, e varios sinistros importantes fronte a Colonia Pina por saída de vía.

O que nos contou o alcalde na última reunión.

Na ultima reunión co alcalde comentounos que a intención do concello é conseguir a cesión da PO-546  no tramo máis urbano ata as proximidades dos terreos de Malvar, abrir unha conexión entre a PO-546 e a Avenida de Marín e facer Rosalía de Castro de único sentido.

Xa na reunión, pedimoslle ao alcalde, que como mínimo o Concello asumira o vial ata o acceso ao barrio de Pontemuiños, xa que ai problemas de seguridade fronte a Colonia Pina e no acceso a Pontemuiños que deben ter un tratamento especial, xa que o acceso seguro aos centros deportivos ten que ser unha prioridade para a mobilidade ciclista. A día de hoxe existen usuarios que van na bicicleta ao Rías do Sur, algúns usan a PO-546 e outros a Rúa de Cobas, pero son usuarios moi convencidos da mobilidade alternativa. Se queremos aumentar o uso da bicicleta é preciso aumentar a seguridade e comodidade dos desprazamentos.

A proposta de Pedaladas.




  • Parécenos correcto facer Rosalía de Castro de sentido único para os automóbiles, pero a PO-546 ten numeroso tráfico ciclista polo que é convínte manter ambos sentidos para as bicicletas. A alternativa, a Avenida de Marín, é moi pouco amigable coa bicicleta. Entendemos que a única opción de facer beirarrúas dignas é eliminar un carril de circulación xa que a sección coa que conta Rosalía de Castro é insuficiente.
  • Solicitar que o Concello, como mínimo, se faga cargo do tramo ata Pontemuiños, para mellorar a seguranza viaria do barrio. Conseguir a cesión de menos tramo da PO-546 é depender da Xunta para a mellora na seguranza viaria, a cal ten un críterio máis laxo coas velocidades perigosas. Dende o noso punto de vista é fundamental que o itinerario ciclista a Rías do Sur se mellore.
  • Crear unha senda ciclista peonil que chegue ao Pazo de Lourizan. Pontevedra esta a desaproveitar un atractivo de ocio e turístico por non ter unha forma segura de ir en bici e a pé entre Pontevedra e o Pazo de Lourizan. Desde a Peregrina son 3,6km e 12 minutos ao Pazo de Lourizan en bici, polo que se existe unha senda segura e cómoda as familias con nenos terían unha boa alternativa de ocio, ir a visitar os xardíns dunha forma divertida e sostible.
  • Facilitar a mobilidade laboral do complexo industrial Ence-Elnosa. Pedaladas é unha asociación ecoloxista polo que non estamos de acordo con este complexo industrial pero mentres este aí, os traballadores deben ter a opción de ir ao traballo usando una bicicleta dunha forma cómoda e segura. Se a concesión se anula esta conexión ciclista segura serviría como vía de comunicación para un uso ludico dos terreos.

    • A conexión de ENCE pola Avenida de Marín. Na mesma liña, levamos tempo reclamando que o acceso dos 300 camións pesados que move Ence cada día entren ao complexo industrial directamente pola PO-11 e non desde a PO-546. Este tráfico crea molestias e é perigoso ao seu paso por Os Praceres dunha forma innecesaria. O acceso natural ao complexo industrial e usando unha vía de servizo na PO-11.