martes, 8 de agosto de 2017 0 comentarios

A reforma necesaria da Ponte da Barca


A reforma necesaria da Ponte da Barca e o reordenamento do tráfico en Echegarai e Alameda.

- O peche ao tráfico da rúa Alameda e Raíña Vitoria demostran que a Ponte das Correntes permite reformar  a Ponte da Barca.


O peche da rúa Raiña Vitoria e Alameda vai canalizar todo o trafico rodado a través da Ponte das Correntes e da ponte da AP-9. Todo o tráfico que atravesa a cidade entre Poio e Marín, Marín e Vilagacia, Vilagarcia a Vigo... sen ter un destino real en Pontevedra.

Estes tráficos son de paso, usan a cidade como atallo por aforrar un ou dous quilómetros dificultando o tráfico que si ten orixe ou destino en Pontevedra, o importante, o que si é preciso preservar, o tráfico que si é necesario.

Os concellos e a Xunta deben reformar dunha vez a Ponte da Barca. Sentido único motorizado, dobre para bicicletas e beirarrúas dignas.

Existe unha débeda histórica no que á mobilidade peonil refírese, é adaptar a ponte da Barca a lexislación vixente en termos de mobilidade e accesibilidade peonil. A orde do Ministerio de Vivenda 561/2010 establece que os itinerarios peonís terán como norma xeral un mínimo de 180cm de sección, un ancho que as beirarrúas da Ponte da Barca non cumpren e que dificultan o paso de peóns cada día do ano.  En termos de mobilidade en bicicleta o extremo da ponte en Poio é un problema cunha rotonda con mala visibilidade, e no extremo de Pontevedra obriga ao ciclista a entrar por Paseo de Colon en vez de permitir ir ao centro directamente. Así, os usuarios de bicicleta buscan escapatorias a estes problemas e terminan por usar unhas beirarrúas, xa de por si pequenas para os peóns, creando problemas de convivencia entre ciclistas e peóns.

O problema é moi sinxelo de solucionar, eliminar un carril e con ese espazo gañado aumentar ambas beirarrúas e deixar un paso para ciclistas a contrasentido do tráfico motorizado.
Dos catro metros do carril eliminado, cada beirarrúa gañaría metro e cincuenta centímetros e un metro quedaría para un carril bici contrasentido. Esta solución é barata, sinxela e soluciona a débeda histórica que ten Poio e Pontevedra coa mobilidade activa entre os dous municipios.

O Concello de Pontevedra debe reducir o tráfico de paso que circula por Echegarai e a Rúa Alameda.

Este peche polas festas, no momento do ano en que a cidade está totalmente tomada por turistas demostra que é posible cerrar unha das vías máis concorridas da cidade, Raiña Vitoria, e que todos seguimos chegando co coche a todos os lugares.
Existe unha sinal no principio da Rúa Alameda que di "Prohibido circular agás servizos" que miles de condutores de vehículo a motor se saltan cada día do ano, sen maiores consecuencias.  E non é que os condutores se vexan obrigados a facelo, existe a alternativa de circular pola Ponte da Correntes, pero por costume, polo GPS, ou por reducir o percorrido nunhas decenas de metros, miles de coches atravesan esta rúa afectando a calidade de vida dos veciños e ao tráfico con destino dentro da cidade.

O concello te unha solución sinxela, pode cambiar o sentido da Rúa Alameda, da Rúa Echegarai e a Rúa Alfonso XIII sen custo o cal eliminaría todo o tráfico de paso que vai á Ponte da Barca, que incumpre a sinalización vertical de prohibición, sen danar ao comercio, limitar a mobilidade dos veciños ou afectar negativamente á circulación dos vehículos que si teñen destino na cidade.

Esa alternativa de variar o circuíto viario fai que usar a alternativa de paso da Ponte das Correntes sexa máis atractiva para os condutores que usar a Ponte da Barca. O gran beneficio sería a  redución previsible da cantidade de vehículos que soporta a Ponte da Barca sentido Pontevedra-Poio  e así  quizás  a Xunta fora un pouco máis progresista no que se refire a eliminar un carril de circulación para mellorar a mobilidade peonil e ciclistas.

martes, 18 de julio de 2017 0 comentarios

Colecta para o Concello de "viñeta ciclista" para gozar dos mesmos dereitos que os automóbiles.

Colecta para o Concello de "viñeta ciclista" para gozar dos mesmos dereitos que os automóbiles.
O próximo Xoves 27 de Xulio ás 21:00 na Praza da Peregrina é a Masa Crítica de Pontevedra. Onde usuarios de bicicleta da cidade de Pontevedra se xuntan para dar un paseo pola cidade e reivindicar o uso da bicicleta na calzada. Está actividade é aberta a todo o mundo, non é unha manifestación, é un paseo ciclista e é unha oportunidade para que todas as persoas  se suban á bici sen importar idade ou condición física. Non se vai cobrar a ninguén como é lóxico pero quen queira pode dar un donativo para o Concello polo desgaste da rúa e os investimentos ciclistas.

Imos facer unha colecta para o Concello de Pontevedra en forma de "viñeta ciclista". Esta Masa Crítica paga o "desgaste do asfalto de todo o ano".


En Pontevedra temos un déficit de estacionamentos para bicicletas, vías de uso exclusivo ciclista, solucións de mobilidade a contra man para que  os ciclistas non dean voltas innecesarias e accións de promoción da mobilidade activa. Estes problemas soluciónanse con investimentos en mobilidade sustentábel, que pola contra si se dan no caso da mobilidade motorizada e contaminante como por exemplo os investimentos do estacionamento de automóbiles e autocaravanas  (188.440€) ou o aparcamento disuasorio de Alexandre Bóveda (241.000€) e calquera obra de mellora de firme que se anuncian cada pouco.
Existe a lenda de que as bicicletas non pagan impostos, cando fan fronte o IVE 21% igual que os automóbiles, e non pagan matriculación como a maioría dos automóbiles que emiten menos de 120gCO2/km, e non consumen gasolina polo que non pagan Imposto Especial de Hidrocarburos (os vehículos eléctricos tampouco) pero  as bicicletas van a "caldo" que paga o 4-10% de IVE. 

Xa pagamos impostos e non temos os mesmos dereitos que o tráfico motorizado pero existe esta lenda por non pagar a "rodaxe" ou "viñeta" que en realidade é o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)  que se calcula en función dos cabalos fiscais, polo que tivemos que facer un calculo imaxinativo do que pagaría unha bicicleta, de considerar a tracción humana como un motor de combustión interna contaminante:

- Unha motocicleta de 125cm3 e 9CV en Pontevedra paga 7.09€/ano. (ordenanza fiscal en vigor)
Se consideramos un ser humano ten unha potencia de 250w ou 0,335CV o custo sería de 0.26€/ano da "viñeta ciclista".

Que fan os concellos por este IVTM? , que por certo só pagan os residentes:
- Estacionamento en cada rúa ou zona servizos ou de carga e descarga. (non apta para bicicletas ou peóns)
- Dotar ao tráfico motorizado de vías segregadas, incluso de uso exclusivo. (a prioridade é do tráfico a motor e os peóns so poden atravesa polos pasos)
- Facer do espazo público un lugar a disposición dos automóbiles na súa maioría, a parte peonalizada é moi pequena en comparación coa non peonalizada. (a reparto do espazo é de 80-20% a favor do automóbil)
- Permitir circular a velocidades perigosas para a vida humana. (A 50km/h morren a metade dos peóns en caso de sinistro e a pesar dos lombos séguese a correr moito, rexístranse velocidades de 70-80 en lugares con lombos).
- Permitir contaminar e danar a saúde de todos. (a pé ou bicicleta 0 emisións)
Pois se o problema é que a bicicleta non paga IVTM podémolo solucionar, o custo 0.26€/ano, en caso de cada persoa, neno, maior  use ou non a bici en Pontevedra pagara só serían aproximadamente 21.850€, o 0.028% dos ingresos do orzamento pero  aplicando a mesma lóxica dos cochistas gañariamos estes dereitos os usuarios de bicicleta:

- Un carril bici en cada rúa.
- Prazas de estacionamento gratis en cada rúa.
- Todo o espazo público ao servizo da bicicleta.

Incluso poderíase levar a pleno entre os grupos políticos poñer a "viñeta ciclista", se de verdade consideramos que eses 21.850€ son o problema para non investir de verdade na mobilidade activa ou polo menos na mesma magnitude que se da nos investimentos na mobilidade motorizada contaminante. Pero isto sería de tolos, seríamos unha anomalía Europea poñendo a "viñeta ciclista", e tampouco é o que precisamos, seguro que a tramitación custaría máis que o recadado no imposto. O que de verdade precisamos son investimentos en mobilidade activa, e nós imos facer unha colecta o día 27 aproveitando a saída en bicicleta, a que invitamos a participar a todos os cidadáns de Pontevedra, para que as doazóns da colecta cheguen ao Concelleiro de Facenda para ver se coa nosa axuda lle comezan a dar os cartos para asumir algunha obra beneficiosa, no próximo orzamento que estará a preparar, para a cidadanía que quere usar unha bicicleta de forma cotiá.

Algunha idea para o próximo orzamento:

- Aumentar a rede de aros na cidade. Xa teñen unha proposta por escrito de fai meses, son moi baratos e fáciles de colocar.
- Crear algunha vía ciclista de uso exclusivo, por exemplo entre a Ponte dos tirantes e as estacións de bus e tren, ou  o percorrido Monteporreiro - Centro...
- Crear algún paso a contra man nos novos proxectos, ou recuperar itinerarios ciclistas perdidos Av de Vigo, Rosalia de Castro, Juan Bautista Andrade.. é tan só un metriño de sección que permite evitar o uso das beirarrúas para non dar tremendas voltas.
- Facer unha promoción efectiva dos desprazamentos non motorizados, a pé e en bicicleta todo o ano.
- Incluír partidas de formación ciclista para menores.

miércoles, 28 de junio de 2017 0 comentarios

73 Masa Crítica...e xa van 6 anos!!!!

Este xoves 29 de xuño voltaremos a xuntarnos ás 21 horas na praza da Peregrina para dar unha volta en bici polas rúas de Pontevedra.

Neste mes a Masa Crítica de Pontevedra cumple 6 anos reivindicando o lugar das bicis na calzada, así como unha mobilidade máis responsable.

Anímate a participar, só tes que coller a túa bici e ter ganas de pasalo ben mentras pedaleas en compañía pola cidade do Lérez

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes!!!!

miércoles, 21 de junio de 2017 0 comentarios

O modelo de cidade obriga a usar a beirarrúa por parte das bicicletas

O modelo de cidade obriga a usar a beirarrúa por parte das bicicletas en mobilidade.

O Concello de Pontevedra acaba de anunciar unha obra moi demandada no barrio de Mollábao de seguranza viaria, aumento de beirarrúas e sentido único na rúa Rosalía de Castro. E aquí terminaron as boas novas, o proxecto adoece dos mesmos erros de sempre do "modelo de cidade" onde a bicicleta vese afectada pola malla de tráfico que busca evitar que o vehículo a motor circule pola cidade.

Desde Pedaladas, é molesto ver como o traballo que facemos se ignora unha e outra vez, sen que o Concello entenda que facer que os usuarios de bicicleta en mobilidade se vexan obrigados a usar vías con alta densidade de tráfico, fortes pendentes e percorridos máis longos cando facemos uso da propia enerxía vai en detrimento do uso da bicicleta responsable e incrementa o uso das beirarrúas por parte dos usuarios de bicicleta.

Fai, case dous anos, xa lle facilitamos ao Concello un plan de mobilidade que no seu punto 5 xa falaba dos problemas dos itinerarios ciclistas perdidos e medidas para paliar esta problemática. Non se atendeu a ningunha das nosas suxestións, de feito a rúa Tablada no mesmo itinerario está a ser reformada e era unha boa oportunidade de recuperar o acceso ciclista para evitar a Rúa Fernandez Ladreda.

Os erros do proxecto de Rosalia de Castro coa Bicicleta.

Itinerario de mobilidade Ruibal - Centro: A zoa da Ruibal é de alto interese para a mobilidade ciclista xa que está a máis de 2km do centro da cidade. Historicamente existen moitos usuarios de bicicleta, de feito temos 9 socios do propio barrio. O proxecto de sentido único triplica a distancia do percorrido e regala unha costa do 8.7% de Manuel de Palacio

Itinerario de mobilidade Pontemuiños - Centro: O ximnasio e o barrio son de especial interese, aumenta en 335m a distancia a percorrer, un 31% máis, regala esa costa do 8.7% de Manuel de Palacio con moito tráfico.

Itinerario familiar e ciclo turista ao Pazo de Lourizán: A lóxica sería ter un itinerario segregado e de alta seguridade para que as familias se despracen aos xardíns do pazo de Lourizán en bicicleta. A falta de pasos seguros pola nova rúa ao carril bici da Av de Marín é unha chapuza e non ter en conta a este tipo de usuarios.

En resumo, por non reservar un metro de sección para facer un carril bici  contrasentido imos meter a usuarios vulnerables e en mobilidade pola Av de Marín, rodeados por 15.000 coches día (datos do propio Concello) imos regalar unha subida do 8.7% de pendente que a maioría vai subir pedaleando a 12-15km/h estresados por levar decenas de coches detrás. Este proxecto golpea a mobilidade activa en bicicleta, por omisión de medidas para a bicicleta e vai facer que máis persoas se pasen ao uso da beirarrúa ou desistan de usar unha bicicleta da zoa da Ruibal e de Pontemuiños e todo por non reservar un pequeno espazo para os carrís contrasentido nas rúas que son itinerarios lóxicos.

Isto non é novo e debese a que non está a entender o uso da bicicleta como elemento de mobilidade urbana, xa que aconteceu anteriormente co outro tramo de Rosalía de Castro, pasou con Juan Bautista Andrade, pasou coa reforma da Av de Vigo e vai pasar coa reforma de Doutor Loureiro Crespo e o seguinte tramo de Rosalía de Castro.

Os técnicos que están a facer o deseño urbano teñen que reciclarse para fomentar a mobilidade en bicicleta, tela en conta e adoptar medidas que a fomenten, non que a dificulten. A participación está morta con máis dun ano sen "Mesa pola bicicleta" así se está a ver neste tipo de proxectos.

Do que se di no Concello ao que realmente fai. Da prioridade invertida á realidade de quen non usa a bicicleta e tampouco fai cousas importantes por ela.

O discurso da prioridade invertida que tanto se escoita desde as esferas políticas non está a ser certo, o primeiro claramente é o peón, pero no segundo chanzo temos á bicicleta pegándose co automóbil, competindo polo mesmo espazo e exactamente cos mesmos problemas na actual malla de tráfico, pero é unha loita desigual, na que a maioría de usuarios de bicicleta claudica e decide pasar á beirarrúa porque temos masas desiguais e velocidades pouco compatibles, incluso con 330 lombos loitando porque un automóbil de 66.000w se porte ben cun ser humano que apenas impulsa unha bicicleta con 300w. Non parece moi xusto logo, así non temos mozos usando a calzada (10% na última enquisa) e poucos usuarios non deportistas na calzada, pero gozamos dunha boa saúde de bicicletas na beirarrúa, o cal debería ser un uso anecdótico.

lunes, 22 de mayo de 2017 0 comentarios

72 Masa Critica: Polo dereito a ir amodo e tranquilo

Comunicado: Polo dereito a ir amodo e tranquilo.
A Masa Crítica de Pontevedra vai facer una protesta contra o acoso que sofren os usuarios de bicicleta por parte dalgúns automobilistas.
O Xoves 25 ás  21:00 na Peregrina é o popular evento en bicicleta da cidade, “a Masa Crítica” que da a coñecer as vantaxes sociais que representa a bicicleta no reparto modal como vehículo ecolóxico, saudable e seguro. A “Masa Crítica” non é unha manifestación, nin é convocada, é un fenómeno  ciclista mundial que ten tamén o seu día en Pontevedra, onde os usuarios da bicicleta da cidade xuntámonos para celebrar unha vez ao mes a nosa afección por este medio de transporte.

Os usuarios de bicicleta con maiores dificultades, nenos, persoas con menor capacidade física, maiores, ou persoas que non queren suar ao ir ao seu traballo, levan sufrindo tempo unha  situación de acoso por parte dalgúns automobilistas para que circulen coa súa bicicleta na beirarrúa. A zoa 30 esixe convivencia dos tráficos rodados, e  esta non segregación do tráfico ciclista esixe paciencia aos condutores de vehículo a motor cos usuarios de bicicleta que non poden adaptar a súa velocidade a dunha máquina.

Son habituais as seguintes formas de acoso:
  • Intentar adiantar ao ciclista nas vías onde só existe un carril  de circulación e é imposible realizar un adiantamento seguro.
  • Circular demasiado preto da bicicleta para asustar ao ciclista.
  • Usar o claxon e forzar a que se saque do medio a bicicleta.
  • Dar aceleróns co coche para intimidar ao usuario de bicicleta.
  • Facer xestos, incluso chegar a insultar ao usuario de bicicleta por ir demasiado amodo con respecto ás maquinas.
  • Dicirlle que circule pola beirarrúa.

Estas condutas dánse porque os usuarios de bicicleta están nunha situación de indefensión manifesta ao ir nun vehículo duns 15kg movido por el mesmo, fronte a quen vai nunha maquina de máis de 1000kg e gran potencia; así mesmo teñen un fin, que o ciclista se saia da calzada e pase á beirarrúa, onde molesta aos peóns pero permite aos coches circular máis rápido. Por este motivo os participantes na Masa Crítica Pontevedra imos protestar, xa que ante todo consideramos que o lugar da bicicleta é a calzada.

Protesta: Polo dereito a ir amodo e tranquilo.

Este Xoves 25, ás 21:00, faremos a saída ciclista tradicional da Masa Crítica, e coma sempre convidamos a participar a todos os usuarios de bicicleta da cidade, sen importar idade ou condición física. Ás 21:30 imos chegar a rúa José Malvar Figueroa, na rotonda coa Rúa Valdecorvos, e aí imos baixar das bicicletas e subir camiñando a costa cara 12 de Novembro como protesta polo acoso que se da nesta rúa. Alí é habitual que os condutores fagan adiantamentos incumprindo o 1.5m, que se peguen por detrás á bicicleta, que usen o claxon para poder intentar un adiantamento perigoso e sen sentido, ou que nos esixan que nos saquemos do medio e pasemos á beirarrúa, e todo porque nesta costa poucos  usuarios non deportivos de bicicleta son capaces de ir a 20km/h. Todas estás condutas están prohibidas na lexislación e ocasionan que os novatos se asusten e terminen por circular de forma permanente polas beirarrúas, molestando aos peóns e deixando aos usuarios de bicicleta como uns incívicos.

Esta Violencia Viaria é unha das culpables de ter tantos usuarios de bicicleta circulando polas beirarrúas da nosa cidade, en vez de telos pola calzada e así sendo a mellor medida de acougado de tráfico que existe. Se o número de ciclistas na calzada crece, a seguranza viaria de todos vai mellorar, como sucede nos países onde hai moita presencia de ciclistas na mesma.

Anuncio de Campaña.

Os participantes habituais na Masa Crítica de Pontevedra fixemos unha colecta para financiar a impresións dun flyer para pedir “convivencia, respecto e que pare esta situación de acoso”.(incluido nos adxuntos)
Os destinatarios principais son os automobilistas aos que lles pedimos que cumpran as distancias de seguridade, que non acosen ao usuario de bicicleta e que empaticen con el.
Os destinatarios secundarios son os usuarios de bicicleta aos que lle pedimos, que non usen ás beirarrúas e resistan a este acoso, que asuman que a calzada é o seu lugar, que se fixen na sinalización, que circulen polo centro do carril e afastados das portas dos coches estacionados, pola súa seguridade, e que se precisan facer un contrasentido mellor facelo a pé.
O flyer será repartido durante a protesta e nos próximos días en tendas, en espazos peonís e aos ciclistas que circulan polas beirarrúas pero precisamos difusión destes consellos.

O problema ven de lonxe.

  • Nos últimos anos debateuse este problema na Mesa pola Bicicleta, e incluso existe unha petición por escrito no documento de Pedaladas “Plan de Mobilidade ciclista” onde se insistía en que era preciso un carril bici para comunicar as zoas de ocio deportivo da illa do Covo  coa Senda do Gafos e salvar a costa de José Malvar Figueroa para os usuarios de bicicleta máis vulnerables.
  • Na “Carta Aos Reis Magos” para o alcalde de Pontevedra tamén se lle pedía crear “ciclocarrís” en calzada con sinalización da bicicleta no centro do carril (como en Vitoria, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia…) para atallar este problema de acoso aos usuarios vulnerables cando circulan polo centro do carril pola súa seguridade.
  • A falta dunha Ordenanza de Mobilidade moderna tamén está a crear esta indefensión entre os usuarios de bicicleta máis vulnerables ao usar a calzada.

sábado, 6 de mayo de 2017 0 comentarios

Costas e Poio en contra da mobilidade sustentábel

Paseo da Malagueta. Miles de peóns e ciclistas conviven.
  Costas e Poio contra a mobilidade
 sustentábel.

Acabamos de ter confirmación de que a Senda da Ostreira non vai poder ser usada polos usuarios de bicicleta e cicloturista. Tratase dunha confirmación porque xa selle comunicou a Pedaladas en algunhas reunións previas, a intención era prohibir o uso por parte das bicicletas para ser de uso exclusivo peonil.

A lexislación non impide circular ás bicicletas, é unha decisión política.

A lei de costas 22/1988 no seu artigo 44 punto 5 di: 5. Los paseos marítimos se localizarán fuera de la ribera del mar y serán preferentemente peatonales.
Isto aclara que preferentemente os paseos deberan ser peonís pero non exclúe outros usos, o modelo de convivencia é bastante habitual en España.

O Regulamento de Circulación 1428/2003 incorpora a definición da “Senda Ciclable” e a sinal S-33, que é aquela vía segregada do tráfico de uso compartido entre peóns e ciclistas con prioridade peonil.

A lexislación actual non impide un uso dun ciclo nunha senda se a administración non decide o contrario, non existe un ancho mínimo ou outra consideración similar xa que o ciclista debe deterse e deixar pasar ao peón se non entran á vez. Incluso a lei de Montes de Galicia no seu artigo 98 só contempla que a administración ou o propietario do monte restrinxa o paso de vehículos a motor deixando o uso da bicicleta en un uso social a protexer.

Costas e Poio deciden politicamente que a partir de agora a Senda da Ostreira non é ciclable.

Ata agora os usuarios de bicicleta viñamos usando a Senda da Ostreira para chegar á Seca desde Campelo dunha forma segura. Non era cómodo por ser angosta e irregular polo que precisaba dunha bicicleta todo terreo para facelo, pero, coa mellora da mobilidade ao urbanizar unha senda tradicional aumentou o seu uso por parte de peóns e ciclistas así que tomase a decisión política de prohibir o seu uso por parte dos usuarios de bicicleta. Isto limita a mobilidade sustentábel que esta a crecer como alternativa ao automóbil. Esta decisión política é contraria as bases das axudas dos fondos FEDER, das axudas DUSI, da liña mestra Eurpea de facer unha economía baixa en carbono e do intento por crear un motor económico e laboral para Poio no Cicloturismo.

Na nosa provincia temos exemplos claros de convivencia, a Senda Azúl que une as praias de Marín conta con sinalización de espazo de convivencia ao seu paso por Portocelo. A Senda de Beiramar en Vigo tamén é habitual para ciclistas e peóns. A Senda do Lérez e incluso o Paseo da Av das Corvaceiras teñen sinalización de prioridade peonil e espazo de convivencia entre peóns e ciclistas. En Málaga o Paseo da Malagueta, que é un dos máis concorridos de España entre peóns e ciclistas tamén ten sinalización de prioridade peonil e espazo de convivencia. Por poñer algúns exemplos xa que existen centos na xeografía Española sen ter que acudir ao modelo Holandés, Alemán ou Danes onde unha medida deste tipo provocaría estupor.

En España, incluso en tramos moi urbanos está normalizado o modelo de coexistencia nos paseos que non son beirarrúa, incluso é un modelo premiado como mostra Pontevedra, onde a prioridade de paso sempre é do peón e o paso dos usuarios de bicicleta non está excluído, senón que autorizado mentres sexa respectuoso co rei absoluto da mobilidade, o desprazamento a pé.

Os usuarios vulnerables os máis afectados pola prohibición.

 

Non é un segredo que os deportistas non fan uso deste tipo de paseos xa que circulan polas calzadas e estradas nos seus adestramentos ou subén aos montes buscando rutas nas que poiden circular con intensidade física para adestrar.
Os usuarios máis habituais destas senda son:
- Os nenos e menores de idade que non poden usar a calzada de forma segura.
- As familias con nenos en actividades de ocio.
- Os menores que usan a senda para acceder desde Campelo e Lourido ás zonas deportivas da Seca.
- Os cicloturistas que fan un uso non deportivo da bicicleta e que buscan lugares atractivos para visitar.

A decisión política de eliminar o uso ciclista da Senda da Ostreira vai en contra dos usuarios máis vulnerables dentro dun colectivo que xa ten moitas dificultades para atopar lugares seguros por onde circular e espazos de ocio que visitar.

Prohiben o uso da bicicleta a todos porque existen algúns usuarios incívicos. Non é xusto.

Convivir non é utópico

Non existe nada máis inxusto para un cidadán coma cando a administración o castiga pola acción incívica duns poucos. Que existen usuarios de bicicleta que fan un abuso da mesma non é nada sorprendente, hai peóns que se portan mal, hai condutores que son un perigo, pero as administracións deben actuar contra estes abusos, e non en contra da liberdade e as opcións de mobilidade de todos. Fai poucas semanas o noso compañeiro Jorge Valcarcel o mataron cun coche na PO-308, ninguén da comunidade ciclista pediu prohibir o uso do automóbil na PO-308 ou medidas similares, pediuse cordura aos usuarios de automóbil e unha mellora na seguridade viaria que é boa para todos os usos, os ciclistas pedimos pasos de peóns e beirarrúas. Tristemente a nosa responsabilidade e actuación lóxica non é copiada por Costas e o Concello de Poio, esperamos que ambos recuperen o sentido común xa que prohibir o uso dun camiño de terra por parte dunha bicicleta non ten a menor lóxica, que será o seguinte, prohibir facer o camiño de Santiago en bicicleta.

Volvamos á cordura. Resolvamos os problemas de convivencia non creemos un novo:
Sinal para sendas

a) Permitamos o paso dos menores en bicicleta pola Senda da Ostreira, como usuarios vulnerables e que precisan ir ao colexio e aos centros deportivos de forma autónoma.
b) Cambiemos a sinalización de prohibición por “Senda Ciclable” e “prioridade peonil” e limitación a 10km/h.
c) Se é preciso nos momentos de gran cantidade de peóns situar paneis para que os ciclistas baixen da bicicleta e camiñen.
d) Facer campaña entre os veciños do importante que é a bicicleta por ser un medio de mobilidade sustentábel, saudable, ecolóxico e que fomenta a autonomía dos menores.
e) Intentar aumentar a sección nos lugares onde existe espazo, a actual senda quedou cutre para o gran éxito que ten, é mellor solucionar os problemas que crear un novo.

Pontevedra é un gan modelo de convivencia onde os problemas son os menos e as bicis xa son parte a paisaxe, esta prohibición en Poio so vai facer que a maioría respectuosa non poida usar a Senda da Ostreira sen conseguir afastar aos irrespectuosos. Convivamos, Quique Pérez Secretario de Pedaladas.

martes, 25 de abril de 2017 0 comentarios

71 Masa Crítica

Este xoves 27 a Masa Crítica de Pontevedra volta a sair ás ruás da cidade para dar unha volta e reivindicar unha mobilidade máis sostible e o respeto entre tódalas persoas que compartimos a vía pública.

Xuntarémoso ás 21 horas na praza da Peregrina para pedalar pola calzada das rúas da cidade do Lérez.

Se queres sumarte só precisas a túa bici e ganas de pasalo ben.


miércoles, 19 de abril de 2017 0 comentarios

Día mundial da bicicleta, o ciclismo en Pontevedra está de loito

Día mundial da bicicleta, o ciclismo en Pontevedra está de loito.

               
Hoxe 19 de Abril é o día mundial da bicicleta, no cal a Asociación Pedaladas tiña planeada unha actividade de reivindicación da bicicleta e da mobilidade sustentable. Esta actividade quedou suspendida pola morte de Jorge Valcárcel e por iso hoxe é unha xornada de loito para toda a comunidade ciclista.

O loito no mundo da bicicleta representase coa bicicleta branca, por iso hoxe traemos aquí esta bicicleta en representación de quen non está entre nós, de quen sufriu unha inxustiza e que morreu froito da violencia viaria. Jorge este próximo sábado debería saír a correr proba ciclista dos Catro Picos, para a cal adestraba o día do sinistro, por iso este sábado está bicicleta branca estará presente durante toda a proba deportiva e para a semana acompañará as outras tres bicicletas brancas da Av de Marín, como mostra do que nos quitan os sinistro viarios e coma unha gran sinal que lles pide aos condutores precaución e respecto.

A selección deste lugar no que estamos, a estatua dos Heroes de Ponte Sampaio, para esta rolda de prensa non é ao azar, os ciclistas non somos heroes, somo persoas de carne e oso que ante o impacto dun automóbil, temos pouca ou ningunha defensa, somos vítimas da violencia viaria e o que non aceptamos é ser os mártires que propicien as accións que calmen o tráfico e melloren a seguranza viaria. Nós esiximos que as administracións sexan pro activas e melloren as infraestruturas sen que os ciclistas teñamos que morrer para que asuman a súa responsabilidade.

O sinistro no que morreu Jorge era evitable, como a maioría dos que se dan na estrada pero como sempre ninguén quere asumir a súa parte de inacción:

O Concello de Poio, a través da súa Policía Local ten plena consciencia de que os seus veciños estacionan incumprindo a lei, creando unha situación de perigo para peóns e ciclistas e por iso esiximos ao Concello de Poio que dunha vez faga campaña contra o estacionamento ilegal e sitúe os contedores de lixo de forma axeitada.
Sr. Luciano Sobral Alcalde de Poio, debe actuar nos tramos da súa competencia. Poio ten moito que dicir e facer na PO-308 e isto precisa vontade política.

A Xunta de Galicia non debe buscar escusas, pode e debe dotar a PO-308 de beirarrúas, pasos de peóns, sinalizar a presencia de ciclistas e a obriga de adiantar respectando o 1.5m, tomar medidas de calmado de tráfico e adecuar os tramos de travesía aos limites de velocidade correctos.
A concelleira Ethel Mª Vázquez debe con urxencia desatascar os proxectos de sendas mixtas para ciclistas e peóns, debe asumir que toda a rede de estradas autonómicas precisa inversión en seguranza viaria e dirixir as políticas da Xunta en priorizar a seguridade de todos, pero sobre todo dos colectivos vulnerables que imos a pé ou en bicicleta non só dar comodidades aos usuarios de automóbil.

A Xefatura Provincial de tráfico debe actuar xa, Sra Isabel Alonso, os usuarios de bicicleta precisamos unha campaña de concienciación entre os condutores de como se adianta a un ciclista legalmente, precisamos unha implicación real da DXT na sanción das condutas ilegais que poñen en risco aos usuarios de bicicleta e precisamos que tome medidas que eviten que cada ano un ou dous ciclistas morran na provincia de Pontevedra. Está na súa man facer algo por un colectivo vulnerable que se sinte ignorado na acción de protección da DXT.

Aos condutores en xeral, ¿cando asumiremos que usar un automóbil é unha gran responsabilidade?, que a certas idades dispáranse os sinistros con ciclistas implicados, que as presas matan, que non é  que os ciclistas sexan invisibles senón que se conduce sen a debida atención. Non é razoable que a renovación da licencia de condución sexa un mero trámite no psicotécnico e non se nos esixa validar un mínimo de coñecementos. Debemos reciclarnos e a DXT debe asegurarse de que os que teñen unha licencia de condución teñan capacidades e formación acreditada. Isto ímosllo entregar ao director da DXT Gregorio Serrano en man, no congreso Ibérico da Bicicleta en Zaragoza o día 27 de Abril. Non é azar que os últimos atropelos a ciclistas tiveran como protagonista un condutor cunha idade moi avanzada e que claramente descoñecía a normativa.

Os usuarios de bicicleta estamos cansos de loitas políticas para que nada cambie, que se nos ignore e non se faga nada pola nosa seguridade se implica molestar a alguén que vai nun coche. Xa vai sendo hora de que as administracións teñan en conta a nosa seguridade e se facilite un uso para todos os públicos da bicicleta, xa vai sendo hora de poder ir á adestrar, a praia, a un recado ou ao traballo sen ir obsesionado por si o coche que vai detrás sabe o que ten facer, ten capacidades para facelo e a vía está en mínimas condicións.

Xa está ben, fagamos algo para parar tanta dor, non máis bicicletas brancas, non máis bagoas.


miércoles, 29 de marzo de 2017 0 comentarios

70 Masa Crítica. Cambio de hora

Un mes máis a Masa Crítica de Pontevedra se volve a reunir para dar unha volta pola cidade do Lérez. 

Se tes unha bicicleta e queres sumarte só tes que achegarte ás 21 horas pola praza da Peregrina.

Nesta ocasión ademáis de recibir á primavera, cambiamos o horario polo de verán, e comezamos a pedalar ás 21 horas.

Ven desfrutar deste agradable paseo pola calzada das rúas de Pontevedra.

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes!!!

miércoles, 22 de marzo de 2017 0 comentarios

Manifestación: Libérate dos combustibles fósiles

 Sábado 25 ás 12:00 na Peregrina, ven a pedalear e "Libérate dos combustibles fósiles"



Hoxe mesmo se coñecen que todos os vehículos Diésel inspeccionados en circulación real en España emiten máis partículas contaminantes en tráfico real do que nos din as probas en laboratorio, chegando incluso a emitir 12 veces máis do declarado, o cal é unha terrible noticia para a saúde pública.

Tamén sabemos que a UE ten aberto un expediente sancionador contra España por falta de supervisión das emisións e calidade do aire no ámbito urbano e tamén que o goberno de España pon dificultades á aprobación por parte da UE de medidas contra as emisións de gases prexudiciais para a saúde humana. As cifras de mortalidade prematura por contaminación bailan entre as 19.000 e as 30.000 persoas ano en España segundo sexa o organismo é o método usado, pero en calquera caso como mínimo estamos a falar de multiplicar por máis de 10 os falecidos en sinistro viario.
Unha das responsabilidades das administración é coidar da saúde dos seus cidadáns, tomar medidas preventivas e fomentar o deporte e a actividade física. A administración tamén ten a obriga de protexer o medio ambiente e Pedaladas non considera que  se estean a tomar medidas valentes e eficientes que estean a previr os danos para a saúde e a protección do medio ambiente no referido á contaminación atmosférica provocada polo tráfico motorizado. Consideramos que se pode facer máis e aquí poñemos algunhas medidas sen custos extraordinarios para a administración:
               

Goberno de España.

- Deixar de protexer á industria do motor, poñendo trabas a que se aproben medias contra as emisións dos motores de combustión.
- Tomar medidas  de redución da contaminación por partículas PM10 e PM2,5 que na súa maioría veñen dos vehículos Diésel e danan a saúde humana.
- Deixar de incentivar o Diésel  con impostos baixos e implantar os impostos medio ambientais que graven o CO2. Reformar o IVTM e os impostos especiais para que o tráfico contaminante pague os custos sanitarios ocasionados.
- Favorecer os medios de transporte brandos, a pé e en bicicleta, fronte a alternativa contamínante da mobilidade motorizada. Aprobar o Plan Estratéxico Estatal da Bicicleta.
-Cando se faga renovación de flota só adquirir vehículos coa clasificación de emisións “ECO” ou “Cero Emisións” evitando os vehículos Diésel cando exista a alternativa.
- Deixar de poñer trabas as fontes de enerxía non contaminantes como co imposto ao sol.

Xunta de Galicia.

- Aprobar un Plan de Mobilidade Sustentable que promova o transporte colectivo, os desprazamentos en bicicleta e a pé.
-Na renovación de flota só adquirir vehículos coa clasificación de emisións “ECO” ou “Cero Emisións” evitando os vehículos Diésel cando exista a alternativa.
- Na renovación das concesións que dan o servizo de transporte público esixir a categoría de “ECO” ou “Cero Emisións” no caso dos Taxis e no caso dos Autobuses, híbridos ou movidos por GNV.

Concello de Pontevedra.

(Aínda que o Concello xa fixo moito pode seguir na mesma senda e mellorar)

- Implantar a Policía Local en bicicleta ou a pé nos servizos onde sexa posible.
-Na renovación de flota só adquirir vehículos coa clasificación de emisións “ECO” ou “Cero Emisións” evitando os vehículos Diésel cando exista a alternativa.
- A renovación dos vehículos que dan o servizo de transporte público a categoría de “ECO” ou “Cero Emisións” no caso dos Taxis e no caso dos Autobuses, híbridos ou movidos por GNV.
- Non igualar o IVTM dos Diésel e da Gasolina.
- Máis medidas de redución de vehículos a motor como as supermazás, os estacionamentos disuasorios no exterior da cidade e a redución de estacionamento libre no centro.
- Apostar polo transporte público entre Municipios e parroquias.

Convocatoria de “Pedalada Manifestación: Libérate dos combustibles fósiles.”
Como sabemos que ás administracións hai que “animalas” a cumprir coas súas responsabilidades nalgún eidos, Pedaladas xunto con outras asociacións ambientais o sábado 25 ás 12:00 na Praza da Peregrina convida a unha Pedalada pola cidade na que visitaremos tres das gasolineiras do centro urbano. A ruta é de 5.26km, sinxela para todo tipo de público. Agardamos que as administracións collan nota do importante que é favorecer os desprazamentos a pé, en bicicleta e transporte público como medio para protexer a saúde das persoas, e que se faga un esforzo por mudar o modelo de mobilidade que prima o vehículo motorizado privado que é insostible, contaminante, que fomenta o sedentarismo e dana a saúde coas súas emisións.

Non nos podemos fiar dos fabricantes de coches, as empresas conseguiron unha lexislación que os mostra como limpos nos laboratorios pero que no tráfico real consume  ata un 40% máis e contamina con partículas nocivas para a saúde ata 12 veces máis do anunciado.

martes, 21 de marzo de 2017 0 comentarios

Pontevedra y el Plan Estratégico Estatal de la Bicicleta



El pleno del Concello de Pontevedra acaba de aprobar, por unanimidad, adherirse al Plan Estratégico Estatal de la Bicicleta.

  El aumento del uso de la bicicleta, tanto en Pontevedra como a nivel nacional, exige la puesta en marcha de políticas que faciliten su uso por un público más amplio que el de los deportistas. La realidad de nuestras ciudades es que se han moldeado para permitir la movilidad motorizada restando espacio urbano, creando hábitos de sedentarismo, agravando el problema de cambio climático y dañando la salud de las personas con la contaminación atmosférica.

En esta situación es necesario fomentar un cambio en la movilidad facilitando las formas de desplazamiento blandas y haciendo a la bicicleta un vehículo preferente a la hora de definir las políticas de estado.

La bicicleta es un medio de transporte flexible para los desplazamientos urbanos e interurbanos, así como para la práctica deportiva, el ocio y el turismo. No contamina, es silenciosa, rápida en pequeñas y medianas distancias,  económica, fácil de usar y beneficiosa para la salud, la economía y la mejora de la calidad ambiental.

Por ello, necesitamos un Plan Estratégico Estatal de la Bicicleta, y el gobierno debe iniciar ya un proceso redacción y aprobación con los siguientes objetivos:

  • Diseñar una política y un marco organizativo, normativo y estratégico de promoción de la bicicleta, con objetivos concretos y un método de seguimiento de las políticas, programas y uso de la bicicleta a nivel nacional. (Principio de planificación)
  • Asegurar la necesaria coordinación entre aquellas actuaciones de los distintos ministerios que tengan un efecto directo o indirecto en el uso de la bicicleta (transportes, deportes, ordenación del territorio, medio ambiente, sanidad, economía, empleo, seguridad vial, justicia, vivienda, industria, turismo, educación, investigación, asuntos exteriores, etc.) (Principio de coordinación horizontal)
  • Asumir la coordinación, impulso y seguimiento de las actuaciones que en esta materia se lleven a cabo por parte de las administraciones autonómicas y locales y, y proceder a evaluar los resultados obtenidos, sin perjuicio de las competencias propias de cada ente territorial. Para ello será imprescindible la creación de un Agencia Estatal de la Bicicleta que actué como organismo interterritorial en esta materia. (Principio de colaboración y coordinación vertical) 
  •  Establecer y desarrollar relaciones en esta materia con el resto de países europeos, que poseen en general una situación más avanzada que la nuestra, a fin de intentar avanzar en la armonización de políticas ciclistas, señaléticas comunes, normas en materia de infraestructuras, intercambio de experiencias, etc. (Principio de colaboración ad extra) 
  •  Desarrollar y difundir el conocimiento técnico adquirido en materia de promoción del uso de la bicicleta. (Principios de publicidad y transferencia de conocimiento)

miércoles, 15 de marzo de 2017 0 comentarios

O Concello é pouco ambicioso na rúa Loureiro Crespo. Mellor unha Super Mazá.


Na carta de Reis magos ao alcalde de Pontevedra lle pediamos crear unha gran arteria peonil desde Michelena á Av de Lugo. Na conversa co alcalde díxonos que a cidade tiña que funcionar, e con funcionar referíase a pasar coches, e que moitos veciños querían aparcar na rúa.

Por iso Pedaladas preparou este  esbozo de proxecto para animar ao alcalde a reconsiderar a súa postura coa peonalización da rúa Loureiro Crespo, pensamos que importar un elemento como  é a super illa (ou super bloque ou super mazá) é perfectamente factible para a zona Leste.
Nós pensamos que importar a Super Illa é unha gran ferramenta de recuperación do espazo público, incluso pode ser  moito mellor que simplemente anchear beirarrúas. Pensamos que o que están a facer Vitoria e Barcelona de zonificación da cidade e acometer barrios con prioridade peonil e recuperación do espazo público é perfectamente realizable en Pontevedra, e incluso pode mellorar o modelo premiado de cidade.

A Creación da primeira súper Mazá de Pontevedra, cunha gran praza pública na rúa Loureiro Crespo.Mellora ambiental, redución do ruído, mellor aparcamento para residentes, mellor mobilidade para residentes, máis comercio de proximidade e local, calidade urbana,  fomento do desprazamento a pé e en bicicleta e unha gran praza pública.

No plano está a estrutura de tráficos. Os pasos a seguir para a creación da Súper mazá do leste:

Desvíos de tráfico para a creación da super illa:

1) a construción dunha rotonda na Av de Lugo fronte a Cepsa, nos terreos que están a herba no lado dereito da Av de Lugo.

Esta rotonda permite desviar parte do tráfico que sube por Loureiro Crespo sentido Ourense, incluso acortando a distancia de desprazamento e de paso reducindo tráficos de José Malvar que está saturada.

2) desviar os tráficos que van á San Mauro desde José Malvar pola rúa da Estrada, neste caso aumenta nuns metros o percorrido pero é insignificante.

3) desviar os tráficos que van á Ponte das Correntes desde a Av de Lugo por Mestre de Soutullo. Isto na práctica xa se fai. A vantaxe é que seguimos aliviando de tráfico a rúa José Malvar.

4) desviar o tráfico que vai a Eduardo Pondal desde a Av. de Lugo polos Xulgados. O desvío é sinxelo, os coches percorren Juan Carlos I, Pintor Laxeiro e rúa Hortas para chegar a Eduardo Pondal.

5) Cortar os extremos da rúa Loureiro crespo na intersección de Mestre Soutullo e 12 de Novembro. Para creación da praza pública.

Acceso de tráficos permitidos dentro da súper Mazá do Leste:

Os tráficos permitidos serían, todos os veciños, a carga e descarga, servizos para os comercios e autorizados. Con isto produciríase unha diminución dos tráficos que non teñen destino no barrio, os vehículos que van a estacionar e non son veciños e só queda o estritamente necesario. 

A Entrada da Súper Mazá do Leste sería pola rúa Ángel Amor Ruibal e a Saída por Rodríguez Seoane. Este percorrido tamén sería permitido para os clientes do Mercadona que acceden ao aparcamento pero non poderían circular nin estacionar polo resto de rúas da Súper Mazá do Leste.

Acondicionamento de rúas, o caro e difícil.

Un proxecto destas características, implicaría reordenar todo o estacionamento, a creación dunha gran praza en Loureiro Crespo e facer que todas as rúas da Súper Mazá do Leste foran plataforma única con prioridade peonil. O custo probablemente fora de varios millóns de Euros e seguramente é a dificultade real para acometelo. Pero consideramos un proxecto viable e moi positivo para todos o residentes no barrio do Leste, para a seguranza viaria e para seguir conseguindo espazo público para algo máis que o paso de vehículos a motor.

lunes, 13 de marzo de 2017 0 comentarios

Carta Abierta a la Jefa Provincial de Tráfico.


Excmo. María Isabel Alonso, le escribo de la Asociación Pedaladas de Pontevedra dedicada a la promoción de actividades deportivas y de movilidad relacionadas con la bicicleta como bien sabe.
Le vuelvo a escribir por motivo del ultimo siniestro con ciclistas implicados de Gondomar, donde un peatón y tres ciclistas se han visto involucrados en un siniestro que a punto ha estado de costar cuatro vidas. Y según veo en prensa con los elementos de los últimos accidentes con ciclistas implicados, un conductor en edad de jubilación, que por poco no da positivo en alcohol y con impacto en la parte derecha del vehículo por lo que los ciclistas hacían uso del arcén cuando era perceptivo.

Esta situación se esta repitiendo, ciclistas que no están cometiendo una infracción a priori pero son arrollados, por conducción desatendida o velocidad inadecuada que impide al conductor parar antes de arrollar a los ciclistas. Ese mismo día a uno de los socios de nuestra asociación casi lo tiran en la PO-308 y se siguen sucediendo las acciones que por pura suerte no terminan con la vida de alguien en el asfalto. Me quiero reiterar en esta carta en todo lo dicho en nuestras reuniones, n
o es razonable que la provincia de Pontevedra no tome medidas concretas para prevenir la muerte de ciclistas en la carretera, y que Galicia tiene un problema grave a nivel nacional.

La comunidad Gallega en el 2016 ha sido la segunda comunidad autónoma con mayor crecimiento en el número de fallecidos y a nivel nacional somos la quinta con más fallecidos.
Galicia con 107 fallecidos en carretera en este 2016 se ha destacado para mal como una de las comunidades autónomas con más muertos viales
por millón de habitantes y no sirve la excusa de la climatología ya que los datos del País Vasco en la misma franja climática son mucho mejores.

En la Provincia de Pontevedra en el año 2015 tuvimos un aumento del 30,3% de fallecidos con respecto a 2014 y en el 2016 seguimos por encima del mínimo histórico de muertos
en la Provincia. Es un hecho más que contrastado que la Provincia de Pontevedra cuenta con una de las primas de seguro más altas de España y en los indicadores de peatones y ciclistas fallecidos también estamos a la cabeza a nivel nacional.

Los datos de siniestros con ciclistas implicados en 2016 en Pontevedra que nos ha facilitado ya deberían justificar tomar alguna medida.
Total accidentes en los que se vieron implicadas bicicletas: 63 (vías urbanas e interurbanas): Fallecidos: 1, heridos graves: 19 y heridos leves: 54.
A los cuales habría que añadir un fallecido más del siniestro del A Guarda que murió a causa de la heridas causadas a primeros de Enero de 2017
y que hace unos días hemos recordado toda la comunidad ciclista.

Queremos recalcar que en la provincia de Pontevedra,
de media, todos los años tenemos que soportar el fallecimiento de un compañero que daña a toda la comunidad de ciclistas y que retrae del uso de la bicicleta como medio de movilidad laboral, ocio y deporte. Pontevedra tiene un problema importante de seguridad para los ciclistas, con respecto a la población total de la provincia y al número de usuarios de bicicleta soportamos una cifra de fallecidos y heridos demasiado alta en comparación con el resto de España.

Por todos estos terribles datos le queremos
insistir, cuales son las medidas que la Jefatura tiene pensado para solucionar este problema de salud pública y seguridad para las personas:

- ¿Qué medidas especiales se van a tomar en Galicia atendiendo a la especial problemática y al ser una de las comunidades con mayor crecimiento de fallecidos?

- ¿Qué solución singular va a tener Pontevedra con los ciclistas y con los siniestros viales en general?

En relación a las posibles soluciones, Pedaladas
ya le remitió en 2016 medidas concretas y poniendo sobre la mesa posibles soluciones rápidas de implementar y de bajo costo que le repetimos a continuación:

Medidas urgentes:
  • Aumentar la cantidad de radar fijo y móvil en la provincia primando vías con alta presencia de colectivos vulnerables.
Las consecuencias de los accidentes y la probabilidad de suceder crecen con la velocidad, esto no es nuevo, pero la propuesta se fundamenta en que la colocación de los radar no están siguiendo el criterio de la protección de los colectivos vulnerables (peatones y ciclistas) sobre todo los fines de semana, puentes y festivos. No pedimos reducir velocidad, simplemente que se cumplan los límites establecidos, sobre todo en travesías y lugares sin arcén transitable.
  • Señalización vertical con «Advertencia ciclista» y la leyenda de 1.5M en vías con fuerte presencia ciclista.
La presencia de señalización ciclista en la provincia es mínima, por comparar hay muchas señales de «advertencia animales sueltos» que no tienen tanta incidencia en víctimas coma los ciclistas. Nosotros impulsamos la colocación en la PO-546 y tienen efecto entre los conductores. La medida es barata y podríamos facilitar un censo con vías habituales de ciclistas a parte se podría añadir los lugares con accidentes con ciclistas implicados.
  • Rigurosidad con los elementos no permitidos en los arcenes.
Los ciclistas tenemos la obligación de usar el arcén si es transitable pero rara vez nos encontramos con uno. Hay contenedores, carteles ajenos a la circulación, vehículos aparcados, desechos, restos de accidentes... la mayoría son responsabilidad de administraciones o son elementos prohibidos en el reglamento pero permitidos en la práctica. Uno de los puntos más importantes para la seguridad de un ciclista es ser previsible, si la banda por la que circulamos tiene elementos ajenos se da la situación de que entramos y salimos continuamente a la vía lo cual es un riesgo grave.
  • Informar a las administraciones de la señalización incorrecta.
Galicia tiene mucha dispersión poblacional y es sencillo llegar a lugares con vehículos aparcados con límites de velocidad superiores a 50km/h, lo cual está prohibido. Para poder estacionar debe ser en zona urbana lo que implica limitar la velocidad a 50km/h. Ese es un ejemplo pero hay mucha señalización irregular que contraviene el reglamento.

  • Avisar a los agentes de que hagan atestado incluso en los accidentes más leves.
Nos hemos encontrado que accidentes en principio leves en el que el ciclista retoma la marcha tienen consecuencias de lesiones que en el momento no se detectan. Las aseguradoras no se hacen cargo de las rehabilitaciones o los daños no detectados en las bicicletas en un primer momento, sobre todo en las de carbono de gama más alta. Hay casos incluso de que el conductor cambia su versión de los hechos y al no haber atestado se ha llegado a pedir reparar un vehículo después de un atropello.



  • Sensibilizar a los agentes de la problemática ciclista.
En 2014 según el anuario los ciclistas fueron el 8% de las víctimas de tráfico y la bicicleta aún no representa el 8% de los desplazamientos. Los fallecidos desde 2005 no han tenido grandes variaciones a pesar de la disminución generalizada de las víctimas en el resto de formas de desplazamiento. Somos un colectivo a proteger no a ignorar. Y esto se tiene que notar, la información que tenemos desde el subsector o desde la Policía Local de Pontevedra es que es anecdótico sancionar a automovilistas por acosar, no respetar distancias de seguridad o prioridades de paso con bicicletas implicadas. Esto no es aceptable.

Formación Viaria ampliada:
  • Incluir el 1.5M de separación lateral en las campañas oficiales.
    A día de hoy no ha habido una campaña similar a cualquiera de alcohol, drogas, cinturón... por poner un ejemplo en 2014 fallecieron 131 personas sin cinturón y 69 ciclistas (vías urbanas e interurbanas) con el resultado de múltiples campañas de uso de cinturón y ninguna de seguridad ciclista.
  • Difundir que se puede adelantar a ciclistas rebasando la línea continua.
    Es imperativo formar, infinidad de conductores no saben cómo adelantar una bicicleta y piensan que está prohibido adelantar en línea continua con visibilidad suficiente y sin tráfico en sentido contrario. La mayoría hace adelantamientos sin cumplir el 1.5m en su intento de no cruzar la línea continua y esto provoca accidentes. Después de escuchar a compañeros del accidente de A Guarda queda claro que el conductor se ajustó al grupo hasta impactar en vez de esperar a adelantar con seguridad. Las imágenes que grabamos en nuestra campaña muestran esta conducta una y otra vez que ante cualquier eventualidad termina con un hospitalizado o muerto.
  • Formación en los colegios.
    Pedaladas esta trabajando en un proyecto de formación en los colegios e institutos que puede que se lleve adelante en Pontevedra. El proyecto nace de la experiencia STAR (Unión Europea) y Bikeability (Reino Unido) para formar a estudiantes en la bicicleta y aunque no la usen crear una mejor comprensión y respeto a los colectivos vulnerables.

Comunicación entre administraciones y asociaciones:
  • Establecer canales de comunicación.
    Nuestra asociación colabora regularmente con el Concello de Pontevedra y con la Policía Local de Pontevedra así como nos reunimos en el subsector de tráfico para comunicar problemáticas o sugerir soluciones. Es importante tener un canal de comunicación con la Jefatura de Tráfico también y que este canal esté abierto a otras entidades de la provincia ya que nosotros sólo nos encargamos de la zona de la ría de Pontevedra por carecer de capacidad para acometer otro lugares.
  • Establecer una reunión anual para evaluar las medidas tomadas.
    Pensamos que debería existir al menos una vez al año una reunión para analizar, aportar e implementar medidas que puedan reducir los accidentes de tráfico. Entendemos que como la dirección general de tráfico no tiene unidades en bicicleta le es mucho más difícil entender la problemática de nuestro colectivo por lo que nos brindamos a una o dos veces al año aportar conocimiento y esperamos que se sumen otras entidades provinciales.

Estas medidas fueron remitidas al Delgado del Gobierno en Galicia días antes del accidente de Gondomar para intentar que se asuman acciones decididas en proteger a los ciclistas ya que ninguna de las sugerencias que hicimos en su momento se llevo a cabo y suponemos que serán otras las medidas que la Jefatura tiene pensado realizar, por eso le preguntamos en esta carta e insistimos. No podemos estar con el corazón en un puño pensando que el próximo fin de semana sea un compañero o familiar el que se encuentre con alguien que o ya no está para conducir, o ha tomado dos copas e más, o lleva el teléfono móvil en el regazo o simplemente no respeta los limites de velocidad.
Hay que dotar de medios extraordinarios a la provincia de Pontevedra, hay que hablar con los agentes para que sancionen el no adelantar respetando el 1.5 y hacen falta mas controles de velocidad.
Sin mas esperamos su respuesta y nos ofrecemos a asistir a cualquier reunión que estime oportuna, para mejorar la seguridad vial, pero por favor tome medidas o moleste a quién tenga que molestar, quizás el pesado que le escribe esta carta sea el próximo en no tener buena suerte al salir con su bicicleta.

Atentamente Enrique Pérez Fernández secretario de la asociación Pedaladas.