lunes, 19 de octubre de 2015 0 comentarios

II Salvemos A Fracha

Un ano despois o colectivo "Salvemos a Fracha" volve a convocar ós cidadáns da comarca de Pontevedra a achegarse este domingo 25 de outubro ó monte da Fracha coma protesta contra a A-57. Para elo convocan unha andaina que comeza e remata nos depósitos de auga de Pintos (Track da andaina)

Dende Masa Crítica animamos a tódolos ciclistas de montaña a circular ese día pola Fracha e sumarse á foto de grupo que faremos ás 12.30 nos depósitos de auga de Pintos (lugar onde comeza e remata a andaina) e onde os veciños da zona nos invitan a un chocolate ou café quentiños.

O colectivo Masa Crítica e a asociación Pedaladas en colaboración con El Puerto Bike Shop Work faremos a xa tradicional ruta de iniciación á bicicleta de montaña do último domingo de mes, que nesta ocasión, e co gallo do evento convocado por "Salvemos a Fracha", nos levará polos camiños desta serra.
Sairemos ás 9:30 da tenda.

A xente que estamos o frente da asociación Pedaladas e que tamén formamos parte do colectivo Masa Crítica non apoiamos esta obra cun custo integral superior ós mil millóns de euros. Ó noso entender esta vía non só non da resposta á necesidade dunha vía de circunvalación na cidade de Pontevedra, se non que ademaís redunda nun modelo de tranporte obsoleto, baseado no asfaltado do país sen considerar as necesidades reais da poboación e, dende logo, amosando un desprezo absoluto pola natureza, xa que diferentes colectivos ecoloxistas así como numerosos técnicos advirten dos danos que vai causar esta vía que algúns califican coma circunvalación obviando ó propio BOE, que propón a ampliación da PO-10 coma auténtica circunvalación da cidade.

Un saúdo a tod@s.

No Response to "II Salvemos A Fracha"

Publicar un comentario