sábado, 29 de noviembre de 2014 0 comentarios

Sorteo dunha bici e venda de camisetas en apoio a "Diego somos todos"

Ola a tod@s.


 Masa Crítica en colaboración con Moto-Bike organiza o sorteo dunha bicicleta para recabar fondos para a plataforma "Diego somos todos".

 O pasado mes de Setembro un ciclista sufriu un accidente nos montes de Valadares, en Vigo. O motivo foi unha pedra colocada no medio dun sendeiro de baixada, suceso polo que hai aberto un proceso xudicial de investigación no que hai catro imputados.
 Coma consecuencia desta acción Diego sofre unha lesión medular na vértebra D5, as consecuencias desta lesión significan que terá que adaptar o seu entorno a unha vida que lle facilite, na medida do posíbel, recuperar a normalidade.
 Por este motivo constituiu-se a plataforma "Diego somos todos", que busca recabar fondos para apoiar económicamente a Diego.  Masa Crítica se suma neste apoio á Plataforma e organiza xunto coa tenda Moto-Bike (que doa a bicicleta, unha MMR valorada en 590€ ) un sorteo que terá lugar nesta tenda o 31 de Xaneiro de 2015. O prezo da rifa son 2€ e polo momento os lugares de venda son.Moto-Bike, Numismática Sarmiento,e A tentación de Greta6
 Tamén se poderán mercar na Masa Crítica de Nadal, que terá lugar o día 25 ás 20:00, ou se poden solicitar no correo da Masa Crítica, masacriticapontevedra@gmail.com

Ademáis lembramos que algunhas tendas de Pontevedra e Poio están a colaborar coa plataforma na venda de camisetas de apoio e nelas se poden encargar por 10€ as mesmas. Estas tendas son Moto-Bike,El Puerto Work Bike ShopBici Ocon Poio, Fixed & Single BikesCiclos Otero, Miler Vintage Running Club, Bicicletas Farto y Xtremebike.

No Response to "Sorteo dunha bici e venda de camisetas en apoio a "Diego somos todos""

Publicar un comentario