miércoles, 27 de noviembre de 2013 Tags: 0 comentarios

XXX Masa Crítica e concerto de bicicletas


Outro mes máis nos voltamos a xuntar para dar un paseo polas rúas de Pontevedra. Xa sabedes, se queredes pasar un bo rato pedalando en boa compañía polas rúas da cidade achegádevos este xoves 28 ás 20:00 á praza da peregrina e recordade que non contamina nin gasta gasolina. Iso sí abrigádevos ben, xa que o inverno xa comeza a facer das súas antes de chegar.

Por outra banda, esta fin de semán celébrase Culturgal na nosa cidade (http://culturgal.com/), e dentro dos eventos programados destacamos o "Concerto para 111 bicicletas", que terá lugar o domingo (http://culturgal.com/participa-no-concerto-para-111-bicicletas-do-tac/).

Xa sabedes coidade o futuro e desfrutade do presente dende a vosa bicicleta.

Un saúdo a tod@s.

viernes, 8 de noviembre de 2013 Tags: , 0 comentarios

NON MÁIS CICLISTAS MORTOS NAS ESTRADAS. NON MÁIS BÁGOAS



A Federación Galega de Triatlón (FEGATRI http://fegatri.org/category/prensa/ ) organiza este domingo 10 de Novembro concentracións en numerosas cidades galegas co gallo de acadar un maior respeto os ciclistas.
En Pontevedra será ás 12 da mañá diante do concello.
Dende a Masa Crítica de Pontevedra agradecemos e apoiamos totalmente un acto que deixa claro que os intereses dos deportistas de élite da FEGATRI, dos deportistas amateur e afeccionado e, en conxunto de tódolos que usamos a bicicleta son os mesmos.
Non faltedes a unha convocatoria que busca un maior respeto para todos aqueles que por un motivo ou outro usamos a bicicleta.

Este é o comunicado oficial da FEGATRI:


     " NON MÁIS CICLISTAS MORTOS NAS ESTRADAS!!!

Cada día son máis as persoas que se desprazan en bicicleta, uns co fin de
actividade física e ás veces competitiva e outras persoas só por ser un
medio máis de transporte.
En calquera dos casos, a seguridade da que se dispón é pouca e o perigo
inminente por non respeitar, na meirande parte dos casos, as distancias que
hai que manter cos ciclistas.
Queremos sensibilizar ós condutores da necesidade imperiosa de respetalas
distancias para que non haxa accidentes, case sempre mortais pola
fraxilidade do ciclista respeito dos coches.
Nin que dicir ten, que os pais e nais cada día poñen máis reparos para que
os seus fillos/as, saian á estrada a adestrar ou simplemente, a andar.
Loxicamente este perigo, vívese con maior temor nas cidades ou vilas
grandes por ser habitualmente as súas estradas as máis transitadas.
O perigo é evidente que se pode dar en calquera parte (moi ou pouco
transitada), pois a gravidade é realmente o non respeitar.
Queremos colaborar para que non haxa máis bágoas por esas imprudencias
que case sempre rematan en traxedias.
Cumpramos todos/as coas normas e así evitaremos os accidentes.
Respetemos as distancias!!!
Non máis ciclistas mortos nas estradas!!!"


Un saúdo a tod@s.