miércoles, 9 de enero de 2013 0 comentarios

Marcha/homenaxe pola seguridade nas estradas

 Como moitos xa sabedes, o pasado día 3 de Xaneiro, Cristóbal Hermida Freire, presidente do C.C.Bueu, foi atropelado por un camión na PO-11 á altura de Placeres.
 O seu clube organiza unha marcha/homenaxe o día 20 de Xaneiro, a mesma sairá ás 10:00 de diante do concello de Bueu hacía Pontevedra, e á altura do accidente se levará a cabo un acto de homenaxe e reivindicación pola seguridade dos ciclistas. Logo reemprénderase o retorno cara a vila de Bueu.
 Dende Masa Crítica Pontevedra concocamos a tódolos ciclousuari@s que non poidan sair de Bueu a unha saida alternativa.
 Concentrarémonos ás 10:00 na Praza da Peregrina, para sair cara á av. de Marín e na rotonda na que remata o paseo marítimo esperaremos á marcha procedente de Bueu para sumarnos a ela nos últimos kilómetros ata o lugar do accidente.
 Alí asistiremos ás homenaxes que se fagan, e logo, os que queiran poderán acompañar ó pelotón ata Bueu (facendo o percorrido que Cristóbal non conseguiu rematar) ou voltar á cidade.
 Non o dubides, se usas a bicicleta, ese día tes que estar na marcha, é o momento de demostrar que somos moitos, que somos persoas, que merecemos o mesmo respeto que calquera outro vehículo.
 Máis información:
http://morrazoalternativo.foroactivos.net/t719-marcha-ciclista-pola-seguridade-nas-estradas-homenaxe-a-cristobal-hermida-en-bueu-20012013

http://clubciclistabueu.blogspot.com.es/

http://www.facebook.com/events/360298077401171/

http://www.facebook.com/groups/232359070119497/

http://www.bikezona.com/noticias-ciclismo/asi-era-cristobal-hermida-fallecido-ayer-en-accidente-de-trafico/17415/

Unha aperta a tod@s.

No Response to "Marcha/homenaxe pola seguridade nas estradas"

Publicar un comentario