viernes, 20 de abril de 2012 Tags: , 0 comentarios

Suspendida a "I Mostra da Bici Urbana" de Pontevedra.

Nunha reunión celebrada onte no concello (á que asistiron o concelleiro de Accesibilidade Luís Bará, o colectivo Masa Crítica e os responsables das tendas Farto e Moto-Bike), decidiuse pospoñer a "I Mostra da bici urbana" que se ia celebrar este fin de semán en Pontevedra.

Nesta reunión considerouse que as condicións climatolóxicas previstas para o Sábado 21 non eran as idóneas, polo que se acordou pospoñela á semana da mobilidade que terá lugar en Setembro. A idea sería que nesa semán tamén se celebrase na nosa cidade a VI Masa Crítica Galega así como outras actividades relacionadas co mundo da bicicleta, entre as que se englobaría a "I mostra da bici urbana".

Aclarar que o resto de actividades seguen adiante, aquí vos deixamos un pequeno calendario:
  -Domingo 22: Pedalada popular. Sairá ás 11:00 da Avenida de Montero Rios.
  -Martes 24:Conferencia de Alfonso Sanz, "Mobilidade sustentabel", ás 18:00 na Casa das Campás.
  -Xoves 26: Masa Crítica. Ás 21:00 sairemos da praza da Peregrina para dar un paseo polas calzadas da nosa cidade, e nun ambiente distendido reivindicar que "non bloqueamos o tráfico, somos tráfico".
  -Domingo 29 de Abril e 6 e13 de Maio: "Natureza sobre rodas". Roteiros en bicicleta polos entornos rurais e naturais do concello de Pontevedra: Ruta fluvial polo río Lérez, Ruta litoral pola Xunqueira de Alba, Ruta agroforestal por Salcedo. Pto. encontro: Pr. España (Lérez e Alba) e Xunta Campolongo (Salcedo). Inscricións Tlf. 986 100 185 Ext. 7584

Un saúdo a tod@s, e ve´monos o Xoves 26 ás 21:00 na Masa Crítica.

No Response to "Suspendida a "I Mostra da Bici Urbana" de Pontevedra."

Publicar un comentario