Feira da bicicleta, pedalada popular, e reunión da Masa





Aproveitando que o día 19 de Abril se celebra en todo o mundo o día internacional da bicicleta, dende Masa Crítica Pontevedra estamos a coordinar, xunto co concello e Pedaladas, as actividades que terán lugar o Sábado 21 e Domingo 22.

Desta maneira, o Mércores 18 farase a presentación a prensa da primeira mostra da bicicleta que se levará a cabo na nosa cidade (na avenida de Montero Ríos). Nesta feira haberá unha exposición de bicis clásicas e adaptadas (Amarante), e tamén colaborarán as tendas Farto e Moto-Bike, que farán unha exposición de bici urbana, eléctrica e de montaña. Ademáis, haberá talleres explicativos de mecánica básica.

Os colectivos ciclistas Masa Crítica e Pedaladas disporemos dun stand dende o que informaremos á cidadanía das nosas actividades e obxetivos.

Ademáis o Domingo pola mañá terá lugar unha pedalada cun percorrido duns 6km polas rúas da nosa cidade. Seremos máis de mil ciclistas de todas as idades.

Dende Masa Crítica Pontevedra animamos a tódolos cidadáns a sumarse ás actividades e desta maneira implicarse no fomento dun medio de transporte totalmente sostible e con múltipes beneficios na nosa saúde física e mental.

Con motivo destes actos faremos unha reunión o día 17 de Abril ás 21:00 no bar o Baúl da praza da Verdura, calquera persoa que se queira sumar con ideas ou iniciativas será ben recibida.

Por último aclarar que a Masa Crítica de Pontevedra sairá da Praza da Peregrina o día 26 ás 21:00 (novo horario).

Un saúdo a tod@s.

No Response to "Feira da bicicleta, pedalada popular, e reunión da Masa"

Publicar un comentario