Boas de novo, bicicompañeir@s, infórmovos que hoxe ás 16:30 imos quedar na cafetería Continental (calle Castelao) para falar sobre a Masa Crítica Galega, que este ano terá lugar na Coruña o primeiro fin de semán de Outubro.
A idea sería coordinarnos para ver como viaxamos ata alí, o mellor hai quen queira ir na bici, o cal en principio non sería problema se os que se desprazasen en coche portasen as equipaxes.
En principio do aloxamento encargaríanse @s compañeir@s da Coruña.
O ideal sería que nos xuntáramos todos os que poidesemos para coordinarnos, en calqueira caso, co que saia da reunión actualizaremos o blog e o grupo de Facebook para que estedes todos informados.
Se tedes calquera dúbida ou suxerencia, non dubidedes tampouco en mandar un correo a masacriticapontevedra@gmail.com.
Unha aperta compañeir@s.
No Response to "Reunión informativa V Masa Crítica Galega"
Publicar un comentario