martes, 20 de septiembre de 2011 Tags: , , , 0 comentarios

Presentación do Plan de Mobilidade de Pontevedra

Ola compañeir@s, in fórmovos de que dende o concello nos invitan (como colectivo)  á presentación do Plan de mobilidade de Pontevedra o Xoves 22 ás 19 :30.
 O caso é que antes da primeira Masa Crítica tivo lugar no Teatro principal un acto  (Pontevedra participa ou algo así) e eu espereime á saida do mesmo para coller ó alcalde por banda e comentarlle que ibamos a empezar a celebrar Masa Crítica en Pontevedra, total, que me derivou a falar con Luis Bará, que andaba tamén por alí e é o concelleiro do ramo de urbanismo. En canto me atendeu procedin a explicarlle que era Masa Crítica e comuniqueille que ibamos levala a cabo en Pontevedra. Él díxome que lle parecía todo moi ben, que o seu plan de urbanismo iba polo lado da conciliación do tráfico coas bicicletas e, que me puxese en contacto coa asociación pedaladas (a día de hoxe este contacto foi imposible, nin e-mail, nin tlf). O caso, é que antes de que se me escapase dinlle o meu correo e el apuntouno nun papel, (por suposto pensei que o tiraría á primeira de cambio) e para a miña sorpresa, consultando hoxe o e-mail,  topei a invitación. Se algún de vos quere acompañarnos, que o comunique antes do Xoves aquí, no noso correo masacriticapontevedra@gmail.com   ou no grupo do Facebook: Masa Crítica Pontevedra

Déixovos tamén o link á páxina do concello deste novo plan de mobilidade, a verdade é que ten boa pinta, o tempo dirá...   

  
Un Saúdo

No Response to "Presentación do Plan de Mobilidade de Pontevedra"

Publicar un comentario